Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

18 mar 2016

Día da poesía

CONMEMORACIÓN DÍA DA POESÍA, (18 de marzo). Convocouse o II Certame de Poesía escolar. O alumnado seleccionou o seu poema preferido e recitouno para os demais compañeiros no Salón de Actos. Resultou unha actividade moi motivadora. Aquí tedes aos participantes.

10 mar 2016

Semana da prensa

Ao longo destes días, traballamos a Semana da Prensa. Para iso, o alumnado buscou nos xornais ou revistas titulares, en galego ou castelán, que resalten valores positivos. O prazo de entrega rematou o 9 de marzo.