Ler, pensar, escribir, compartir e participar.

27 nov 2008

RULETA DAS PALABRAS



(Via O Recanto de Mik e ANB)

Axudantes de biblioteca















Os rapaces e as rapazas de 6ºA e 6ºB axudan nas tarefas da biblioteca: ordenan os libros, fan o préstamo, orientan aos mais pequenos. Grazas a tod@s pola vosa colaboración.




25 nov 2008

Hora de ler: Feliz "cumpremeses".

BubbleShare: Share photos - Craft Ideas

A Hora de Ler xa cumple dous meses no CEP Igrexa-Valadares. Son vinte minutos diarios de lectura en silencio, lectura e silencio, un encontro coa lectura, libros e silencio, todo o alumnado e todo o profesorado compartindo a mesma actividade a LECTURA. Parabéns.

Fina Casalderrey escribe sobre a "violencia de xénero"



"Xela volveuse vampira" de Fina Casalderrey publicado por Baía Edicións dentro da colección Contos para igualdade.
Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo. Xela coa axuda dos seus alumnos sairá dunha situación moi dura.
25 de novembro "Día contra a violencia de xénero"

24 nov 2008

Opera no cole.


Xa levamos cinco semanas escoitando música na entrada e na saída das clases.
Esta semana escoitaremos unha muller, Victoria de los Ángeles, cantando opera.
Antes das vacacións de Nadal, haberá un concurso con preguntas dunha das pezas escoitadas durante estos dous meses.

Os gañadores (un por cada ciclo) recibirán un CD de agasallo.
Estade moi atentos.
Todas as audicións están no blog. Só tes que consultar as entradas deste mes de novembro e do vindeiro mes de decembro.
Escoita e busca información.

14 nov 2008

Hoxe imos de Magosto ao Monte dos Pozos





Co bo tempo subiremos ao monte para facer o tradicional magosto que celebramos todos os anos. Sairemos ás 10, andando, cando cheguemos, xogaremos e os grandullóns axudarán a facer unha fogueira para asar as castañas. Continuaremos cos xogos e comeremos as castañas ben quentiñas. Ao final da mañán baixaremos, lixeiros de volta ao cole.
Pasarémolo moi ben!!!!!

Este curso temos un proxecto na biblioteca co título: "Para medrar pon libros na túa dieta", xunto cos libros traballamos a alimentación e unha dieta saudabel.
A castaña é un bó alimento con moitas propiedades, así que ESCRIBIDE unha receita con castañas como ingrediente principal e deixala na biblioteca antes do 28 de novembro. Vale?

Preme en castaña e obterás mais información.